![]()
VILAGARCÍA > Vilagarcía de Arousa únese á tecnoloxía médica coa apertura dunha clínica de resonancias…
…magnéticas abertas. Esta fin de semana a xornalista Rosa Villacastín exerceu de presentadora da quinta clínica destas características que se abre en Galicia. Despois da de Oleiros, Vigo, O Barco de Valdeorras e Burela, súmase Vilagarcía de Arousa que permite que os veciños do Salnés poidan a súa saúde baixo control e sen riscos nin efectos secundarios. Localizar calquera problema de saúde sen efectos secundarios nin claustrofobias a través das máis avanzadas tecnoloxías. Esa a finalidade da nova clínica Riflorem de Vilagarcía presentada esta fin de semana no Auditorio de Vilagarcía ante numeroso público e autoridades. O acto, presentado pola xornalista Rosa Villacastín levantou unha gran expectación, sobre todo para aquelas persoas con problemas de saúde pero con pánico a este tipo de probas por problemas de claustrofobia.
Unha resonancia magnética acada mellores resultados que caquera outro tipo de probas sen efectos secundarios, preparación previa nin risco ningún para a saúde do paciente. A novidade das máquinas empregadas nas clínicas Riflorem é que, ó seren abertas, nin sequera hai sensación de claustrofobia para o paciente.
Coa inauguración desta clínica, realizar unha proba tan avanzada e que conta coas mellores tecnoloxías xa non require grandes desprazamentos.
Redacción Salnés







