Os vilagarciáns reciclaron o pasado ano 500 toneladas de vidro

    ecovidro copia.jpg VILAGARCÍA> O dato douno a coñecer Ecovidrio durante a presentación da campaña de reciclaxe que está a desenvolver na Praza de Galicia entre hoxe e mañá.

    {flowplayer}images/salnes/reciclaxe_vidrio.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e mailo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron a carpa que Ecovidrio instalou na praza de Galicia e aplaudiron estes datos positivos. Cores Tourís solicitou ademais á empresa que potenciase a campaña piloto iniciada en 2009 co sector hostaleiro. Daquela instaláronse na cidade 9 contedores específicos e, segundo Ecovidrio, teñen intención de continuar esta campaña.

    O rexedor indicou que na reunión que terá o xoves cos hostaleiros para tratar a modificación da ordenanza de terrazas tamén lles pedirá colaboración neste senso.

    Segundo datos de Ecovidrio, en Galicia recicláronse case 40 mil toneladas de vidro en 2010, co que a taxa se situou en 14 quilos por habitante e ano, a un punto da media nacional. Resaltan tamén o índice de contedores, que é de 1 por cada 230 habitantes, mellorando a media estatal que é de 1 por cada 274.

    Redacción Salnés