Zona Aberta presenta o último en moda e tendencias para o outono

{flowplayer img=images/ano2013/09setembro/25/desfilezonaaberta250913.jpg}images/ano2013/09setembro/25/BalanceZonaAberta_240913.mp4{/flowplayer} Será a cuarta ocasión na que a asociación de comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta realice este desfile, a segunda na praza da Peixería. Unha iniciativa á que se suman uns 30 establecementos asociados entre tendas de roupa, complementos, xoiería ou calzado. Unha boa ocasión para ver de preto que é o que se leva este inverno e cales son as tendencias máis puxantes en moda. O desfile arrancará ás 20.30 na Praza da Peixería. Outra das atraccións son os propios modelos, non profesionais, veciños a maioría de Vilagarcía. Com respecto á campaña de verán que acaba de rematar, a presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, asegura que as vendas no pequeno comercio estiveron por enriba do agradado, dado o bo tempo que acompañou durante todo o verán. Agora só agardan que a caída en inverno non sexa ‘demasiado dura’.