![]()
VIGO> Preténdese que Galicia se presente en xuño ante Europa cunha postura unánime entre administración, sector e grupos políticos para ter máis peso.
{flowplayer}images/salnes/POLITICA_PESCA_LIBRO.flv{/flowplayer}
O primeiro paso darase a semana que vén. A consellería do Medio Rural e do Mar pretende reunir a tódolos grupos políticos con representación no Parlamento galego para recoller as súas propostas sobre a materia e ir redactando un documento conxunto que debería estar listo en marzo. Entón, estas suxerencias trasladaranse ó Consello Galego de Pesca.
O obxectivo da Xunta é que en xuño, Galicia conte cun documento no que se recolla unha postura consensuada por tódolos actores galegos vinculados ó sector pesqueiro. Trátase de manter ante Europa unha voz única, e así lograr que estas propostas teñan máis peso. E é que desde a Xunta manteñen que a actual proposta europea da futura Política Pesqueira Común supón un desequilibrio na xestión e ordenación das pesquerías europeas e, en particular, das españolas.
Redacción Salnés









