Pontevedra será a sé de catro campionatos do mundo de triatlón no 2019

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/mundial_triatlon_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/mundial_triatlon_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten outra cita marcada con vermello no calendario. No 2019, a cidade acollerá o evento deportivo máis importante da súa historia, segundo o propio alcalde: o Festival Multideportes da Federación Internacional de Triatlón, unha competición que se estrea no 2017 e que englobará nin máis nin menos que catro campionatos do mundo: o de duatlón, o de triatlón cross, o ade acuatlón e o triatlón de longa distancia. Probas que atraerán a máis de 4.000 deportistas.

Pontevedra volverá ser a capital mundial de triatlón. Será no 2019, cando a cidade acolla o Festival Multideportes da Federación Internacional de Triatlón, que agrupa catro campionatos do mundo.

Ata o de agora, estas citas celébranse por separado. Será a partires de 2017 cando se unifiquen todas as probas. Segundo explicou o alcalde, Pontevedra xa amosou o seu interese por acoller a edición inaugural.

Penticton, en Canadá, será no 2017 a  primeira sé deste Festival, que no 2018 acollerá Odense, en Dinamarca. Xa no 2019 será cando chegue a Pontevedra, cidade que ven avalada pola súa experiencia na organización de eventos deportivos, sobre todo do Campionato do Mundo de duatlón no 2014.

Polo de momento non se coñecen as datas exactas, aínda que o concello agarda poder dar máis datos a partires do mes de xaneiro. Si se sabe que a competición durará entre 9 e 10 días, e que se celebrarán polas rúas da cidade e zonas como o Pontillón do Castro, o río Lérez ou a Illa das Esculturas.