Feijoo: ‘Galicia non arde. Quéimana’

Os incendios son un problema de orde pública, e non de falta de políticas forestais. Este é o argumento que defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante a sesión de control ó goberno celebrada no Parlamento. Mentres a acusación insistíu en culpar ó PP de contribuír ‘ó negocio do lume’, Alberto Núñez Feijoo cargou contra os incendiarios como únicos responsables. Contra eles e contra os propietarios incumpren a Ley de Montes ó non manter limpas as súas parcelas.

Segundo Núñez Feijoo, no que vai de ano arderon 16.700 hectáreas de terreo en Galicia, a metade, dixo, do que ardeu por estas datas nos últimos 25 anos. Para a oposición a lectura do que aconteceu este verán na comunidade é moi diferentes. Acusan á Xunta de ser cómplices da vaga de lumes por non aplicar políticas forestais e privatizar o plan de control de incendios. Segundo o titular do goberno galego, máis do 98 por cento dos recursos cos que se loita contra o lume son públicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/25/feijooincendios.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/25/FEIJOO_INCENDIOS.mp4{/flowplayer}