Ganxabar Sociedade Cooperativa Galega de Mazaricos, Dolmen de Ouro 2013

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/DOLEMNOURO2013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/DOLMEN_OURO_2013.mp4{/flowplayer} A POBRA> A federación de Empresarios do Barbanza entregou os seus premios máis destacados o pasado venres, nunha gala que serviu para celebrar os 25 anos do galardón, botar a vista atrás, e gabar o esforzo dos pequenos empresarios como sostén do tecido económico da comarca. O 25 aniversario dos Dolmen de Ouro supuxo unha homenaxe a tódolos empresarios do Barbanza como soporte do tecido económico da comarca, pero tamén un chamamento á positividade. Positividade para ollar a evolución da economía galega e española, da que os políticos presentes non deixaron de insistir en que está a dar signos de recuperación. Cultura empresarial da que tamén se fixo eco o alcalde da Pobra, como concello anfitrión da gala. Isaac Maceiras salientou a importancia de que as administracións se impliquen e fornezan das infraestruturas precisas ós empresarios para potenciar a súa actividade. E como exemplo, actuación proxectadas no municipio como a ampliación do polígono da Tomada. Autocares Muíños, García Sánchez Boiro, Excavacións Nima, Pescados hermanos Lijó, Club Náutico de Portosín, Autos Patiño, Autoservizo Sabila, Cota Catro Arquitectura e Xestión e Ganxabar foron as entidades premiadas este ano. Aínda que só unha levou o Dolmen de Ouro. E nesta ocasión caeu en Mazaricos, en Ganxabar Sociedade Cooperativa Galega. Será a última ocasión na que o vencedor se elixa polas propias asociacións da federación. A partir do 2014 si proporán ós nomeados, pero elixirá un xurado independente. O anuncio fíxoo durante a velada o presidente da FEB.