A Pousada de Meaño loce xa a súa fachada definitiva

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/MEANO_.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/VISITA_POUSADA_MEANO.mp4{/flowplayer} MEAÑO> A Pousada de Cobas en Meaño podería abrir as súas portas o próximo verán. As obras están case rematadas e nelas xa se poden apreciar os seus rasgos identificativos: como é a súa espectacular fachada que inclúe chamativos elementos arquitectónicos artísticos. A fachada da Pousada de Meaño, incluída no proxecto da Deputación de Pontevedra, Pousadas do Salnés, xa presenta un aspecto próximo ó definitivo. Estes días xa se poden ver os elementos arquitectónicos exteriores nos que se recrea, de xeito artístico, a cultura vitivinícola da zona á beira do Océano Atlántico. Este artista local empregou uns mil quilos de aceiro cortén que, en breve presentará o aspecto oxidado pretendido. Esta coida estética acompaña a un interior dotado dos espazos precisos nun Hotel de alta calidade. Á falla de que se rematen as obras, a Deputación de Pontevedra xa traballa no prego de condicións que rexeran á adxudicación das Pousadas do Salnés; nas que os optantes á mesma deberán prestar especial atención á formación dos traballadores e tamén á empregabilidade de persoas con diversidade funcional. A subhasta das Pousadas será en conxunto dos catro edificios que compoñen o proxecto. E para completar a súa aposta por facer do Salnés a primeira comarca accesible de Galicia, o Ente Provincial adxudicará nos vindeiros días un proxecto de reforma para procurar a accesibilidade en varias dependencias públicas.