A flota galega aposta por reducir o tope para revalorizar a anchoa

PORTO DO SON> A abundancia de anchoa no Cantábrico traduciuse nunha importante baixada da súa cotización. A flota galega aposta pola baixada dos topes para revalorizar a especie. A flota do cerco leva xa consumida máis da metade da cota de anchoa no Cantábrico, fixada en vinte e catro millóns de quilos. Por esta razón, apostan pola reorganización dos cupos diarios co fin de incrementar a cotización que nas últimas semanas está a quedar en valores moi baixos. A intención da flota galega é permanecer faenando no caladoiro ata finais de mes, sempre e cando non se esgote antes a cota.