A POBRA> O Concello da Pobra deseñou un amplo programa de actividades para conmemorar a vixésimo cuarta edición das Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán. O cartel deste ano incorpora importantes novidades encamiñadas a achegar a novos públicos a figura do escritor.
O venres 14 abrirá o programa de actividades das xornadas coa exposición dos traballos presentados ó concurso de carteis. A partir de entón, desenvolveranse ata finais de mes numerosas actividades en torno á figura do escritor que buscan achegar a súa obra a toda a cidadanía, especialmente ós máis novos.
Música, teatro, obradoiros, compoñen unha programación que incorpora importantes novidades con respecto a anteriores edicións.
O programa chegará á súa fin o día 29 de outubro coa tradicional ofrenda cívica no Cantón da Leña. Pero aquí non rematan as accións que desenvolve a concellería de Cultura en torno á figura do escritor posto que xa traballa na adquisición de novos fondos para o museo. Tódalas actividades serán abertas ó público e non requiren inscrición previa.