Sanxenxo destino galego por excelencia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/turismosanxenxo.jpg}http//www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/01/turismosanxenxo011013.mp4{/flowplayer} SANXENXO> En setembro a ocupación roldou o sesenta por cento e foi especialmente alta na primeira quincena, antes da ‘volta ó cole’. Ademais, en xullo e agosto unhas 330.000 persoas se aloxaron en hoteis deste municipio, converténdoo no máis demandado de Galicia. Os hoteis de Sanxenxo rexistraron no pasado mes de setembro un sesenta por cento de ocupación, grazas, sobre todo ás boas temperaturas que houbo a finais de verán. O presidente do CETS Alejandro Touriño indicou que na primeira quincena incluso se incrementou o número de visitantes con respecto a setembro do ano pasado. Así se indicou trala firma do convenio de colaboración entre Turismo de Sanxenxo e Turismo de Galicia. Unha colaboración que busca promover o destino Sanxenxo como destino Galicia. Desde a Xunta resaltan que en xullo e agosto este foi o Concello máis demandado polos viaxeiros e onde máis ocupación hoteleira se rexistrou. O convenio asinado por Nava Castro e Catalina González servirá para realizar actividades de fomento do turismo, máis alá do sol e praia.