Louzán pide a ENCE ‘contraprestacións’ para Pontevedra a cambio da súa continuidade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/louzan_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/louzan_ence.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Rafael Louzán aposta pola continuidade de ENCE na ría. O presidente da Deputación seguiu esta mañá co discurso iniciado polo seu partido dende a Xunta. Defendeu que Pontevedra non pode perder a empresa que máis volume de traballo proporciona na cidade, e condicionou a súa permanencia a beneficios para a capital de provincia.

Que Pontevedra non se pode permitir perder ENCE, foi o eixe da defensa da industria que fixo esta mañá o presidente da Deputación.

Rafael Louzán fixo fincapé na nova postura do Partido Popular, a favor da continuidade da pasteira na ría de Pontevedra.

Beneficios medioambientais ou a redución do impacto visual da fábrica, son algunhas destas contraprestacións. Tamén, como non, un compromiso co emprego.

Ante as críticas polo cambio de postura dos populares, Louzán deféndese e nega que sexa unha estratexia electoral.

Quen non é coherente, segundo o presidente provincial, é o grupo de goberno da capital. Acusouno de non tomar medidas a prol do emprego nin para establecer industrias en Pontevedra.

O vindeiro día 28, ENCE celebrará unha xunta de accionistas en Madrid. Previsiblemente, a situación da planta pontevedresa estará na axenda, e deste encontro poderían saír algunhas das novas propostas para conseguir a continuidade en Lourizán.