A Marea de Noia esixe o cumprimento dos acordos adoptados nas comisións do COVID-19

NOIA> A Marea Cidadá de Noia demanda ó goberno local que dea cumprimento ós acordos acadados na comisión de seguimento do COVID-19. Piden que se axilicen as axudas directas a empresas e se incremente o investimento en emerxencia social.

O grupo municipal da Marea xa presentou unha solicitude no concello para que se poñan en marcha as numerosas iniciativas aprobadas pola corporación para afrontar a crise económica provocada polo COVID-19.

Ademais de atender a emerxencia social, insisten na necesidade da posta en marcha do Plan de Investimentos Locais para a recuperación do tecido produtivo do concello.

Por útimo, demandan tamén que se axilicen as axudas directas ós negocios para implantar medidas de hixiene e desinfección nos seus locais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí