Rías Baixas duplica en dous días o volume de uva vendimada

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/vendima2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/VENDIMA_RIAS_BAIXAS_071013.mp4{/flowplayer}

    SALNÉS> Xa se pode dicir que estamos en vendima. Esta fin de semana, arrancou de cheo a campaña na DO Rías Baixas. O Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador indica que xa se recolleron 18 millóns e medio de quilos de uva. A maior parte das adegas e viticultores tratarán de rematar a vendima esta mesma semana. Volveu o sol e as cinco subzonas da DO Rías Baixas atópanse inmersas na vendima. Algunhas adegas, como Agro de Bazán, en Vilanova, arrancaron esta fin de semana e xa levan vendimado un 70% da súa produción. A intención da maioría das adegas é apurar ó máximo a vendima estes días. A uva xa está no punto óptimo de maduración, e as chuvias da pasada semana xa estaban empezando a provocar pequenos focos de botrite. Na D.O. Rías Baixas participan nesta vendima un total de 6.677 viticultores e 175 adegas. A recolección faise en máis de catro mil hectáreas, das que o 96 por cento son de uva albariño. Unha campaña que xera ademais moitos postos de traballo temporais, tanto no campo como en adega. Nesta vendima, o Consello Regulador conta con 72 veedores e 3 auditores para verificar que tódolos operadores cumpren co Prego de Condicións da DO Rías Baixas e co seu Manual de Calidade.