O pósito cambadés recibe unha subvención de máis de 147.000 euros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/touris_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/axudas_confraria_cambados_231213.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> A Confraría de cambados recibirá máis de 147.000 euros en axudas para mellorar a productividade dos seus bancos marisqueiros e optimizar a súa xestión é vixilancia. Estas achegas forman parte dunha nova dunha nova xeira de subvencións da Consellería do Mar, que están financiadas nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca. A Confraría de Cambados vai a recibir máis de 147.000 euros para seguir a incrementar a productividade dos bancos marisqueiros, e para mellorar a súa xestión e vixilancia. No caso cambadés o proxecto de rexeración centrarase na zona de Meloxo, aínda que estas axudas faranse extensivas á toda a costa galega. E é que o caso do pósito cambadés pretende servir de exemplo de rexeneración e sementeira para outras confrarías galegas: aforran comprando cría moi miúda que fan medrar na súa propia batea de engorde. Amais das achegas para a rexeración, tamén hai unha serie de axudas por valor de 709.000 euros na Arousa para a xestión dos recursos e a vixilancia das concesións de cada pósito. Aquí, neste Peirao de Tragove, a maiores destas dúas actuacións en breve inaugurarán un novo ramal que proporcionará máis espacio de amarre e descarga para as embarcacións.