Os celadores retoman as mobilizacións esta semana

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/celadores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/denuncia_ccoo_celadores.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> Os celadores de Pontevedra volven á carga. Tralo parón de verán esta mesma semana retoman o seu calendario de mobilizacións cunha manifestación este venres ca que reivindican a mellora das súas condicións laborais e máis transparencia nas contratacións. Os celadores de Pontevedra que están nas listas de agarda viven pendentes do móbil á espera de que os chamen para unha substitución que cada vez son menos. Se por falla de cobertura ou calquera outro imprevisto non responden nese mesmo intre, pásanos ó final da lista, co que teñen que volver a reiniciar o proceso para poder traballar aínda que sexa unha soa xornada: unhas condicións de traballo que se lle fan extremadamente duras e que aseguran que empeoraron desde que Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta. Amais, as contratacións van a menos; denuncian estes traballadores que o SERGAS fai auténtico encaixe de bolillos para intentar non chamar a traballadores para substitucións. Para frear esta escalada de despropósitos o vindeiro venres retoman as medidas de presión. Entre as queixas dos celadores figura tamén á falla de transparencia nas listaxes de chamada. Antes sabían por que número ían chamando; agora todo é un misterio. Esta falla de transparencia é empregada, segundo CCOO, para enchufar a algúns traballadores que lle interesan ós directivos no canto de seguir a orde lóxica das listaxes. Ante todo isto, Comisións asegura que os que saen perdendo tamén son os doentes ós que se lle atende con menor calidade. Afirman tamén que esta situación non é exclusiva dos celadores senón que afecta a outros moitos colectivos da sanidade.