A Banda da Mirilla volve a roubar en Vilagarcía

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/roubos_.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/ROUBOS_PINEIRINO.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> Sete roubos en dúas semanas: é o saldo de roubos cometidos en Vilagarcía nos últimos días pola coñecida como a “Banda da Mirilla”; un colectivo itinerante que vai de Concello en Concello asaltando casas con total impunidade. A súa última actuación tivo lugar onte no barrio do Piñeiriño da Capital Arousá. Dous quintos pisos deste edificio, no barrio do Piñeiriño en Vilagarcía foron asaltados onte pola mañá sen que os veciños se percatasen do que acontecía. Crese que os ladróns son os integrantes da Banda da Mirilla, alcumados así polo seu modus operandi consistente en introducir unha microcámara pola mira da porta das vivendas para comprobar se hai alguén no seu interior e se paga a pena entrar a delinquir. Algún veciño deste edificio, situado en fronte do coñecido popularmente como o “Parque das Pulgas” , asegurou ter visto a dous estranos a media mañá de onte, cando se supón que aconteceron os feitos; aínda que o resto da veciñanza enterouse ca chegada da Policía ó bloque de vivendas. Os veciños aseguran que este era un barrio tranquilo e de xente traballadora. Agora non poden ocultar a súa preocupación posto que calquera pode ser víctima destes cacos. Sábese que estes amigos do alleo só levan cousas de pouco volume como xoias ou cartos pero desbotan carrexar outros aparellos tecnolóxicos ou enseres máis voluminosos. Esta non é a primeira vez que actúan en Vilagarcía. Crese que foron os mesmos que roubaron fai un mes na rúa Castelao e fai dúas semanas na Avenida da Mariña.