A marcha de Villaronga provoca a entrada de Lucía César deixa a Ríos como voceiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/cambios_bng_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/cambios_bng_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> A portavoz do BNG en Vilagarcía deixa o seu cargo por motivos de saúde. María Villaronga anunciou hoxe a súa decisión de abandonar a primeira liña da política local, onde será substituída por Lucía César Veloso, número tres da lista. Na rolda de prensa, Villaronga estivo arroupada por numerosos cargos da formación, que lle expresaron a súa gratitude. O papel de voceiro do grupo no concello asumirao Xabier Ríos, que ata o de agora ocupaba o segundo posto. 

    María Villaronga abandona a primeira liña da política. A voceira do grupo do BNG na corporación tomou esta decisión por motivos de saúde que a obrigan a descansar.

    A que fora candidata nacionalista nas últimas eleccións recoñeceu que fora unha decisión difícil de tomar. Iso si, asegurou que seguirá ao servizo da formación.

    Trala marcha de Villaronga, ocupará o seu posto Lucía César Veloso, número tres da lista, e veciña de Bamio de 30 anos cunha ampla bagaxe no eido cultural.

    O papel de voceiro asumirao Xabier Ríos, o número dous da candidatura.

    A executiva nacional do BNG, representada por Montse Prado, tamén quixo expresar o seu apoio e respecto a María Villaronga. A nacionalista gabou o traballo e dedicación da aínda edil no grupo municipal.

    Nesta liña tamén se pronunciaron os responsables comarcal e local. Ademais, Xan Castaño e Hortensia Rodríguez confían na capacidade de Xabier Ríos e Lucía César para asumir as súas novas responsabilidades.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí