A Fundación Aldaba inaugura un centro no que tutelará a oito cativos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/aldaba600_151013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/Aldaba_151013.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Os nenos atópanse en situación de garda pola Xunta de Galicia. No acto, no que participou a concelleira Elena Suárez, explicouse como traballa esta entidade sen ánimo de lucro que busca o benestar dos máis xóvenes. Esta é a chamada Casa de Familia da Fundación Aldaba, en Vilagarcía. Unha vivenda na que esta entidade privada e sen ánimo de lucro lle proporciona benestar a cativos e adolescentes en situación de risco ou desprotección. Aquí se vive coas mesmas normas, dereitos e obrigas que en calquera outra casa. Inténtaselle dar unha vida normal ós rapaces, favorecendo o pleno desenvolvemento das súas facetas, a nivel académico e persoal. A Casa de Familia de Vilagarcía entrou en funcionamento no mes de abril. Acolle agora mesmo a seis rapaces derivados dende a Xunta de Galicia que son atendidos por catro educadores. Un proxecto, que con todo, non pretende substituír ás familias. Estas instalacións hoxe foron inauguradas de xeito oficial coa visita da concelleira de Benestar Social, Elena Suárez. Unha vivenda que pouco ou nada ten que ver coa imaxe que se ten dos centros de acollida. Ademais de en Vilagarcía, Aldaba traballa tamén en outros puntos de España atendendo ós máis pequenos. Esta fundación ten ademais programas de acción tutelar e de atención a discapacitados.