Arranca na Lanzada o VII Obradoiro de Emprego de Hostelería

    O GROVE> Neste curso redúcense os módulos de tres a dous e o número de alumnos baixa de 36 a 24. No acto participou o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán e a deputada provincial Marta Iglesias. O Obradoiro de Hostelería da Lanzada pasa por ser o máis veteranosde cantos se celebran en Galicia. Promovido pola Mancomunidade do Salnés e coa colaboración da Deputación, que cede as instalacións do centro, este ano a Xunta destina 230.000 euros de orzamento para o seu desenvolvemento. Serán dous módulos e non tres como en anos anteriores: de cociña e camareiros de restaurante-bar. Suprímese o de camareiro de planta. Con tal motivo descende o número de alumnos tamén nun tercio, de 36 a 24. Para Gonzalo Durán trátase dun obradoiro fundamental para a zona, xa que forma a persoas que traballarán nun sector, segundo apunta o presidente da Mancomunidade, moi pouco profesionalizado. Pola súa banda, a deputada provincial Marta Iglesias, ensalzou o bo funcionamento deste obradoiro de emprego a animou a tódolos alumnos a aproveitar esta ocasión. O obradoiro de Hostelería da Lanzada pasa por ser un dos que maior inserción laboral presentan de cantos se levan a cabo en Galicia, cunha media en torno ó 85%. Desenvolverase durante os vindeiros seis meses, polo que finalizará na época de Semana Santa. Un contratempo segundo os organizadores, xa que noutras edicións remataba ó inicio da época estival, algo que favorecía a posterior contratación dos alumnos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/obradoiro600_151013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/Obradoiro_151013.mp4{/flowplayer}