BOIRO> Esta mañá desvelábase en Boiro un dos segredos máis gardados nesta época do ano, que non é outro que o cartel das festas que se celebrarán do 3 ó 8 de xullo.
Foron o propio alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, os encargados de dar a coñecer a programación, na que terán cabida, como en edicións anteriores todo tipo de propostas, dende as máis tradicionais ós tributos, sen esquecer tampouco as grandes orquestras e as actividades para a mocidade.
Deuse a coñecer tamén quen se encargará do pregón este ano.
Dende o Concello agardan que sexan unhas festas ó gusto de todos, convidando a pequenos e maiores, e tamén a forasteiros, a disfrutar destes festexos cos que se abre o calendario festivo da comarca do Barbanza.










