{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/FEIJOODEBATEAUTONOMIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/DEBATE_AUTONOMIA.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> Esta foi a medida estrela que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, gardaba para o primeiro debate sobre o estado da autonomía desta lexislatura. Feijoo esbozou tamén un futuro prometedor para Galicia, alegando que a situación económica é mellor que hai un ano, fronte o asombro dos grupos da oposición, para os que o presidente galego, din, vive noutra Galicia distinta á real. Segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, Galicia entrou na senda da recuperación, e así o apuntarían as previsións para 2014. Di o titular do goberno galego que a comunidade e a economía galega están en condicións de medrar grazas ós esforzos realizados polos galegos. ‘Estamos mellor que hai un ano’ -apunta Feijoo-, pero ese crecemento que se proxecta debe ser ‘solidario’. No marco deste discurso sobre o crecemento, Feijoo aproveitou para lanzar unha das súas medidas estrela para o 2014, a rebaixa en medio punto do tramo autonómico do IRPF para todos aqueles que teñan unha base líquida de ata 17.700 euros. Outra das medidas sociais anunciadas: as familias con ingresos de menos de 30 mil euros non pagarán a gardería do segundo fillo. Pero tamén houbo anuncios para os emprendedores, con incentivos fiscais, mención ó hospital do Salnés, prometeu que antes de remate do ano estará entregado o proxecto, ou o impulso a infraestruturas viarias, como a variante de Noia, que calculan rematada o próximo verán. E por último, a creación de emprego. Entre apelacións ó espírito de solidariedade que imperou no accidente ferroviario de Angrois, Feijoo comprometeuse tamén a unha nova política forestal, impulso ós sectores estratéxico, e botou un capote á oposición para remar á par do goberno galego. Lonxe deste escenario de prosperidade económica, a oposición respondeu ó discurso optimista de Feijoo acusándoo de vivir no pasado e se incapaz de facer autocrítica. Para o Bloque Nacionalista Galego, a Galicia na que vive Feijoo non é a mesma na que viven o resto dos galegos. Acusou ó titular da Xunta de ser un presidente prepotente, preocupado só por manter ‘a unidade de España’ e non a ‘supervivencia de Galicia’. Ó portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, sentoulle especialmente mal a utilización, dixo ‘das vítimas e dos veciños de Angrois’ no que catalogou como unha ‘falta de escrúpulos’ por parte de Feijoo. No tocante ó Partido Socialista, concordan coa rebaixa no IRPF para rendas baixas pero reclaman como contrapartida unha suba de impostos ás rendas altas. As demais, din os socialistas, ‘medidas de carácter cosmético’.
Inicio crb










