A Deputación mellorará a seguridade viaria na entrada a Aguiño

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/presentacionmelloraseguridadeviariaaguino2212141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/presentacionmelloraseguridadeviariaaguino221214.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A actuación, con cargo ó Plan de Travesías Provincial, afectará á zona comprendida entre o Cruce e a rúa do Carreiro e terá un custe de máis de 464 mil euros. Trátase dunha actuación que dende hai tempo viña perseguindo o executivo ribeirense, e que agora, grazas á axuda da Deputación da Coruña, coa súa inclusión no Plan Provincial de Travesías poderá materializarse. A finalidade desta obra, cun custe de máis de 464 mil euros, non é outro que mellorar a seguridade viaria na principal vía de entrada a Aguiño, dende a zona do Cruce á rúa do Carreiro. A actuación incluirá tamén a renovación de servizos. A actuación permitirá a creación dunhas cen prazas de aparcamento, xa que se prevé a posibilidade de restrinxir a circulación a un sentido único. O inicio das obras está previsto para o mes de abril e o prazo de execución será de 10 meses.