Ribeira acollerá o vindeiro 10 de novembro unha marcha cicloturista

RIBEIRA> A iniciativa, baixo o lema ‘Non máis bágoas, respecta o noso espazo’, forma parte dunha campaña promovida pola Federación Galega de Triatlón. Esta mañá presentábase no concello a concentración e posterior marcha cicloturista que vai ter lugar o próximo domingo 10 de novembro. A iniciativa, baixo o lema ‘Non máis bágoas, respecta o noso espazo’, está promovida pola Federación Galega de Triatlón, entidade que pretende que esta mesma acción se desenvolva o mesmo día e á mesma hora en distintas cidades galegas. A través desta actividade preténdese sensibilizar ós condutores e á sociedade en xeral da importancia de manter as distancias de seguridade cos ciclistas nas estradas, tratando de evitar as mortes ou os accidentes. Ás doce da mañá na praza de España terá lugar a concentración, para posteriormente desenvolver unha marcha cicloturista que percorrerá diversas zonas do casco urbano. Na iniciativa poderá participar calquera afeccionado a partir dos seis anos de idade. Os menores deberán ir acompañados dun adulto e o uso do casco será obrigatorio. Os interesados poderán inscribirse a partir da semana que vén na páxina web municipal: www.riveira.es. O prazo para anotarse remata o 6 de novembro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/concentracioncicloturistaribeira181013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/concentracioncicloturistaribeira181013.mp4{/flowplayer}