Ravella xa aforrou para devolver todo Luz Salgada

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/fole.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/NOVIDADES_LUZ_SALGADA.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía xa dispón do remanente necesario para afrontar a devolución do préstamo e dos intereses de demora de Luz Salgada. Esto é posible grazas á importante contención do gasto na que recoñecen que descoidaron moitos aspectos da cidade. Deste xeito, o Goberno da Capital arousá prepárase para asumir o peor dos supostos posibles por se a Audiencia Nacional volve a quitarlles a razón nunha situación herdada de anteriores executivos. O tempo dá a razón a Tomás Fole e finalmente Luz Salgada ven a ser o proxecto faraónico que hipoteca o futuro de Vilagarcía, e para máis INRI, ten que ser el o que resolva o entorto. Alomenos, así é como se sente el tras levar a primeira parte do seu mandato facendo pouco menos que encaixe de bolillos para aforrar para pagar un préstamo e os seus intereses dun proxecto que nunca chegará a realizarse. Lembra Fole que cando eles herdaron o proxecto Luz Salgada xa non había posiblidade de mudar o proxecto con cartos pendentes co que non quedaba máis que capear e intentar devolver os cartos do xeito menos ferinte posible; amais de esgotar tódalas vías xudiciais posibles. Con este regalo envelenado e cun presuposto inflado de dez millóns de euros, estes dúas últimos anos o Goberno do PP de Vilagarcía someteu ós cidadáns a unha “travesía polo deserto” en verbas do propio Alcalde, na que recoñece que faltaron as atencións precisas á cidadanía. Fole recoñece a situación e culpa da mesma ós anteriores executivos, tanto ó bipartito como ó liderado do Javier Gago, especialmente, coma sempre, a este último. Agora, grazas ó esforzo da cidadanía e a súa xestión, asegura, o cambio está encamiñado aínda que por iso poidan obter menos rendimentos electoralistas.