Ravella podería recorrer ó crédito nos orzamentos do 2014

    VILAGARCIA> Precisamente o préstamo de Luz Salgada vai a condicionar seriamente os orzamentos do Concello de Vilagarcía para o ano que ven. O executivo que lidera Tomás Fole asegura que xa teñen moi perfilado este documento económico, que poderían publicar o mes que ven, e no que se contempla unha certa relaxación na presión impositiva sobre a cidadanía e unha rebaixa no IBI. O Goberno de Vilagarcía rebaixará a subida que tiña prevista en tódalas taxas para poder satisfacer durante o ano que ven as esixencias do Plan de Pago a proveedores; amais de contemplar unha rebaixa no IBI que virá a compensar en certa maneira a suba catastral. O executivo vilagarcián prevé tamén reordenar as ordenanzas fiscais, agrupando aquelas que sexan reguladoras de impostos, taxas, prezos públicos e xerais en oito únicas, derogando outras seis que xa non se consideran precisas. Outra das medidas novidosas é a da facturación dos impostos: a proposta máis favorable que prevé levar a pleno o Partido Popular é a de repartir as cargas impositivas municipais en oito quendas ó longo do ano. O executivo municipal vilagarcián perfila xa os últimos flocos do orzamento municipal para o 2014 que podería dar a coñecer o mes que ven. Nel non se descarta a posibilidade de recorrer a un creto para aumentar a capacidade inversora municipal. Esta comparencia do Alcalde e da Edil Rocío Llovo tiña lugar trala xunta de Goberno Local desta mañá na que aseguraron ter abordado uns 102 temas en media mañá; por un gasto corrente de 350.000 euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/foleellovo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/ORZAMENTOS_2014.mp4{/flowplayer}