Ribeira acollerá un duatlón popular o vindeiro 17 de novembro

RIBEIRA> A carreira, aberta a tódalas categorías, servirá ademais para inaugurar as obras de remodelación do paseo marítimo de Coroso. O concello de Ribeira, en colaboración coas asociacións A Fieiteira e As Miñoteiras, organizan para o vindeiro domingo 17 de novembro a primeira edición do Duatlón Popular Concello de Ribeira. A proba servirá ademais para inaugurar as obras de remodelación do paseo marítimo de Coroso e os gañadores da categoría absoluta, tanto masculina coma feminina, poñerán o seu nome na placa conmemorativa. A carreira iniciarase ó redor das dez da mañá e estará aberta a tódalas categorías, dende benxamíns ata veteranos, polo que as distancias variarán en función de cada unha delas, con dous tramos a pé e un en bicicleta. O número de participantes está limitado a un número de cen por proba, polo que os interesados xa poden incribirse online na páxina web www.cronotec.es. Na realización da carreira colaboran as empresas Náutica A Poutada, SportBike e Fontao Travel. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/presentacioncampionatoduatlonribeira231013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/presentacioncampionatoduatlonribeira231013.mp4{/flowplayer}