Seguimento masivo da folga do Ensino das Rías Baixas

PONTEVEDRA> Unha das novas máis destacadas de hoxe é sen dúbida a folga en contra da LOMCE, a coñecida como Lei Wert, que está a piques de implantarse nas aulas. Segundo os primeiros datos, foi secundada polo 90 % dos alumnos e o 70 % dos profesores. O seguemento da folga da Educación nas Rías Baixas foi hoxe masivo. Segundo se reflicte nos primeiros datos que veñen de achegar Confapa- Galicia o paro sería secundado nun 90 % por alumnos e un 70 % polos profesores. Sindicatos como CCOO e UXT aseguran que a folga foi seguida polo 85 % dos docentes. As aulas estiveron case baleiras algo que non se notou nas rúas da capital de provincia na mobilización convocada pola CIG esta mañá. A chuvia neste caso foi a mellor aliada de Wert para impedir a asistencia á mobilización, aínda que os que foron sobrábanlle os motivos. As mobilizacións volveron a producirse esta tarde nas grandes cidades galegas desta volta xa co groso dos sindicatos e da comunidade educativa. Igual non serve para nada porque a Lei probablemente se implante tal cal está formulada, pero por protestar que non quede. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/FOLGA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/FOLGA_LOMCE.mp4{/flowplayer}