Boiro acolle este domingo o I Campionato Galego de Barco Dragón

BOIRO> A praia de Barraña acollerá este domingo o Campionato Galego do Barco Dragón que organiza o Club de Piragüismo Rías Baixas en colaboración co concello de Boiro. Trescentos deportistas de seis clubs tomarán parte no primeiro campionato autonómico desta modalidade.

Os éxitos que está a colleitar nesta nova modalidade de piragüismo animaron ó club Rías Baixas a organizar o primeiro Campionato Galego de Barco Dragón que se celebrará este domingo na praia de Barraña.

A proba, que forma parte do calendario da Federación Galega de Piragüismo, está aberta a tódolos clubs galegos que conten coa modalidade de barco dragón. Uns 300 deportitsas competirán nas distintas categorías dende infantil ata senior.

 A primeira das probas sairá ás nove e media da mañá  e a competición finalizará ó redor das dúas e media da tarde cando se realizará a entrega de trofeos na zona das Colonias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí