O CR Cabo de Cruz acaparará o protagonismo na gala do remo galego

BOIRO> O Club de Remo Cabo de Cruz será un dos grandes protagonistas na gala do remo galego que se celebrará este próximo sábado en Marín, a partir das sete da tarde. No acto, organizado pola Federación Galega, entregaranse os premios ós mellores clubs e tamén as mellores embarcacións da presente tempada. Os boirenses recibirán o galardón ó mellor equipo galego deste ano, despois de proclamarse campións a nivel autonómico e estatal en categoría cadete, así como subcampións galegos nas categorías senior e infantil. Tamén serán distinguidas as embarcacións senior, tanto masculina coma feminina, como as mellores tripulacións da tempada despois de facerse ambas co entorchado autonómico.