“Os prazos na lesión de Camiño son dificilmente recurtables”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/camino600_241013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/CAMINO_241013.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA > Malas novas para o Arosa. Confirmáronse os peores presaxios e o capitán Adrián Camiño ten roto o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo. Unha lesión que o manterá fora dos terreos de xogo probablemente durante toda a temporada. O conxunto vilagarcián perde ó seu refrente. A lesión producíase ós 35 segundos do inicio do encontro do pasado domingo ante o Somozas. O capitán arosista lesionouse el so, nun mal xiro de xeonllo. As sensacións no terreo de xogo non eran boas e nos últimos días preferíuse ser cautos ata coñeñecer o resultado da resonancia magnética. E foi onte cando se confirmou o peor dos presaxios. Rotura total do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo. É a primeira lesión grave que ten que afrontar Adrián Camiño, e lle chega ós seus 26 anos. Por diante quédanlle entre seis e oito meses de recuperación. Antes deberá pasar por quirófano, estar ingresado tres ou catro días no hospital trala intervención e manter inmovilizada a articulación o seguinte mes antes de iniciar o traballo específico de rehabilitación. Os prazos, son dificilmete recurtables A única nota positiva para o Arosa, que xogará esta fin de semana no campo do Dorneda, é que cada vez está máis preto a recuperación do seu outro referente en ataque, Quique Cubas. Iso si, os dous fenómenos do conxunto vilagarcián pouco ou nada terán coincidido no céspede ó remate desta temporada.