A exposición “Sorrisos Transformadores” pódese visitar no concello de Cambados

CAMBADOS> Escolares de Cambados tiveron hoxe unha xornada diferente. Puideron visitar a exposición “Sorrisos Transformadores”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (Arelas).
“Respeta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir”, ese é o lema baixo o que se engloba o proxecto co que se busca a visualización e sensibilización do colectivo trans. Unha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia, que se materializa nunha exposición con fotografías de Noemí Chantada, que reflicten a importancia de este asunto.
Esta iniciativa trata de prever comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero. De xeito paralelo desenvólvense diversas charlas informativas destinadas principalmente á comunidade escolar, como a que se impartiu esta mañá no auditorio da Xuventude, en Cambados.
A exposición fotográfica, que pode visitarse no Salón de Plenos do concello, inclúe imaxes de persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea.