A Mancomunidade do Salnés busca establecer vínculos comerciais con México

    CAMBADOS> O presidente da Mancomunidade do Salnés compareceu esta mañá en rolda de presa. Gonzalo Durán anunciou que a vindeira semana unha comitiva chegada dende México visitará a comarca. A intención é establecer vínculos comerciais co país centroamericano. O alcalde electo da cidade mexicana de Aguas Calientes, Antonio Martín del Campo, visitará a semana próxima o Salnés. Unha viaxe que é posible grazas a existencia nese país de empresarios emigrantes de orixe galega que viron a posibilidade e o interese de establecer por ambas partes vínculos comerciais. Aguas Calientes pasa por ser un dos centros industriais máis importantes de México, unha das cidades que máis medra do país azteca e pode representar unha oportunidade de negocio importante, tanto para exportar como para importar. A visita organizada pola Mancomunidade do Salnés, terá lugar durante a vindeira semana, xa que se agarda a chegada da comitiva mexicana cara o luns ou o martes. Gonzalo Durán indicou que a axenda aínda non está pechada pero que con case total seguridade manterán reunións co presidnte da Deputación, Rafael Louzán ou con Juan Gil, da DO Rías Baixas, entre outros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/mexico600_241013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/mexico_241013.mp4{/flowplayer}