Ribadumia vólcase con Aurora

RIBADUMIA> Os pais da cativa de Asturias que padece un nevus, estiveron estes días no municipio grazas a un contrato na vendima. Aquí recibiron apoio e moita axuda para seguir adiante cos seus outros tres fillos en Xixón e poder financiar os desprazamentos que Aurora ten que realizar cada semana a Madrid para realizar as súas supervisións médicas. O nevus é unha mancha na pel formada por cúmulos de células cargadas de melanina, a substancia que da cor á pel. Trátase dun tipo de tumor que no caso de Aurora, esta cativa de catro anos, está localizado nun dos laterais da cara, estendéndose cara o ollo e o oído. Semana tras semana ten que desprazarse desde Xixón, onde vive, ata o hospital La Paz de Madrid para que os médicos que a tratan vaian facendo seguimento da doenza. TOTAL Como outros cativos con enfermidades similares, os pais de Aurora iniciaron unha campaña de recollida de tapóns de plástico, máis galas con artistas e mercadiños benéficos cos que conseguir recursos para os desprazamentos a Madrid, pois as operacións ás que se ten que someter a nena están cubertas pola seguridade social. Estes días atópanse en Ribadumia, acollidos pola responsable do punto de recollida de tapóns deste municipio, Belén Rodríguez. Ela e o seu marido conseguíronlles un traballo na vendima a Jose, o pai de Aurora, Xa que tanto el como a nai levan dous anos en traballo e xa se lles acabou o paro. En Ribadumia atoparon unha marea solidaria. Esta fin de semana inician xa a viaxe de regreso a Asturias. Co que gañou o pai de Aurora na vendima xa lles da para o pago do aluguer do domicilio no que viven, ademais de levar roupa e comida para os outros tres cativos que teñen. Marchan agradecidos coa acollida recibida en Ribadumia e con enerxías para seguir adiante loitando por Aurora e pola súa recuperación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/aurora.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/ENTREVISTA_AURORA.mp4{/flowplayer}