Protección Civil recibe a Medalla ó Mérito Civil

    VILAGARCIA> O Ministerio de Fomentou outorgará mañá a medalla ó Mérito Civil a varios corpos de Emerxencia do Salnés que axudaron nas labores de emerxencia tralo accidente de tren de Angrois. Entre os recoñecidos están as agrupacións de Protección Civil de Vilagarcía e Cambados e varias do Ulla-Umia. O arestora xefe accidental de Protección Civil de Vilagarcía, Jacobo Campos, é un deses heroes anónimos imprescindibles nos momentos decisivos: tímido ante as cámaras pero afouto ante as emerxencias. Mañá acudirá á Santiago para recibir no Auditorio de Galicia a Medalla ó Mérito Civil no nome de Protección Civil de Vilagarcía. Este corpo de emerxencias, xunto co seu homónimo de Cambados e varios da comarca da UIlla-Umia, como os Caldas de Reis, Valga e Catoira recibirán este recoñecemento do Ministerio de Fomento logo da súa brillante actuación nas labores de emerxencia tralo fatal accidente de tren en Angrois a noite do 24 de xullo. Eran ás dez menos cuarto daquela véspera do Día de Galicia cando recibiron o aviso da central de emerxencias dunha catástrofe de gran magnitude. Como o raio, saíron de Vilagarcía Jacobo Campos, David Porto e Adrián Magan para botar unha man no que fixera falta ó que igual que outros compañeiros do Salnés. Sabían que era algo inusual pero non se agardaban tal cousa. Jacobo asegura que cando reciba a medalla terá en mente as setenta e nove persoas que foi imposible salvar, pero tamén o caracter dos galegos que fixo deste sinistro un suceso histórico no que a solidariedade intrínseca dos galegos sorprendeu a medio mundo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/jacobo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/CONDECORACION_PROTECCION_CIVIL.mp4{/flowplayer}