Boiro énchese de festa

BOIRO> Fin de semana por todo o alto en Boiro coa celebración das súas festas do verán. Os festexos iniciáronse o pasado venres pola noite coa lectura do pregón, este ano a cargo dos nenos dos seis centros de ensino de infantil e primaria do municipio.

Durante toda a fin de semana desenvolvéronse tamén infinidade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos.

A festa tradicional do sábado, no parque da Cachada, congregou tamén a un gran número de veciños e visitantes coas actuacións dos Monifates, Xilbarbeira, Abeloura, Aroña, Baile de Abanqueiro e o grupo de gaitas Os Salgueiriños.

Sen esquecer tampouco a festa da Orella da Boliña

A música tivo tamén protagonismo coas actuacións estelares de Café Quijano, o sábado, e Treixadura, o domingo, que reuniron tamén a gran número de persoas na praza de Galicia, sen esquecer tampouco as tradicionais verbenas.

E na xornada de hoxe, o protagonismo foi para os mozos, co Día das peñas. Dende o mediodía, no parque da Cachada, desenvolvéronse os divertidos e orixinais xogos nos que competían as distintas peñas.

Por diante aínda dous días máis de troula. Mañá destacan as actuacións a cargo das orquestras El Combo Dominicano e París de Noia e o grupo Amparanoia. Xa o mércores. derradeira xornada, actuarán Triángulo de Amor Bizarro, DJ Matrek e a orquestra Panorama.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí