O BNG crítico achacan a postura de González á súa desesperación

exedisbngnoia_100.jpgNOIA> Xosé B. Castro e Loli Caramés, ex edís da formación nacionalista, cren que as acusacións vertidas polo voceiro son froito de intereses personais.

Continúan as augas revoltas no BNG de Noia. Os ex edís Xosé Bernaldo Castro e Dores Caramés quixeron saír o paso das declaracións de Bieito González, voceiro da formación, nas que os acusaba de ter pactado co partido popular a investidura como alcalde do seu candidato, Antonio Pérez Insúa. Ambos nacionalistas lamentaron a irresponsabilidade política de González por antepoñer os seus intereses persoais ós dos nacionalistas noieses. 

{flowplayer}barbanza/exedilesbngnoia.flv{/flowplayer}

Os ex edís admitiron ter mantido unha relación de respecto e lealdade absoluta a Bieito González que sempre consideraron correspondida. Por iso mostraron a súa decepción perante a verbas do voceiro nacionalista.

Acusacións infundadas

Consideran que a acusación de González desmóntase por si mesma, xa que non ten sentido artellar unha estratexia con Pérez Insúa, candidato do pp, para apoialo na investidura cando eles non concorreron na candidatura nacionalista. Séntense perseguidos pola súa forma de entender a política e reclaman a súa dignidade como militantes do Bloque Nacionalista Galego. Pensan que detrás das acusacións do voceiro nacionalista agóchanse intereses persoais para seguir vinculado ó goberno de Noia.

En todas as xuntanzas mantidas co partido popular, sinalou Castro, estivo sempre presente Bieito González. A coincidencia dos programas electorais, en iniciativas como o modelo de saneamento e o proxecto do porto de Noia, son o resultado, non dunha traizón, senón dunha negociación tras a cal os populares asumiron as propostas nacionalistas.

O seu traballo como concelleiros, insistiu Castro, figura nas hemerotecas e esperan que de aí os cidadáns e militantes saquen as súas conclusións. Auguran un corta vida o tripartito noiés cimentado en ideoloxías dispares. Tamén cren que se García Guerrero expulsou en dúas ocasións ós nacionalistas do grupo de goberno, volverá facelo por terceira vez.

Redacción Barbanza