{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/CONSELLEIRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/CONSELLEIRA_MAR_SEMANA_MAR.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> A Xunta de Galicia denunciará o coñecido como principio de Estabilidade Relativa ante o Tribunal de Estrasburgo, de non ser quen de contrarrestar os seus efectos para o sector do mar. Esta foi algunha das sentencias que lle escoitamos este martes á Conselleira do Mar na ponencia que impartiu no ISM de Bamio, en Vilagarcía, no transcurso dunhas xornadas sobre o medio mariño. A Consellería do Mar estudia tódalas posibilidades xurídicas que ten a nosa Comunidade para poder botar abaixo o principio de Estabilidade Relativa que tanto prexudicou ó sector mariño desde a entrada de España na Unión Europea. Nas sucesivas reformas da Política Común de Pesca intentouse eliminar este principio, inxusto ó non ter en conta á hora do reparto o volume da flota pesqueira española e a súa capacidade extractiva. Trala última reforma da PCP en maio pasado, e se non se conseguen minimizar os seus efectos, Mar recorrerá ó alto tribunal de xustiza europeo. Con todo, Rosa Quintana asegura que o traballo de Galicia foi determinante ante Europa desde abril do 2009, cando se comezou ca reforma da Política Común de Pesca e ca redacción do libro verde europeo. Un traballo que deu o seu froito en aspectos ben significativos para a xente do mar. A titular de Medio Rural e do Mar facía estas declaracións intres antes de impartir a poñencia “ La Nueva reforma de la Política Común de Pesca y su repercusión en la Pesca Gallega”, no marco da trixésimo primeira semana de Estudios do Mar. Unhas xornadas para universitarios organizadas pola Fundación Asesmar que, de novo, volveron a escoller o centro de ISM en Bamio- Vilagarcía, para desenvolver un acto destas características.
Inicio crb