Pontevedra estrea un taller de reciclaxe de bicis infantís

PONTEVEDRA> Recicletas no Nadal é o suxerente nome da Escola Taller que o Concello de Pontevedra vai a poñer en marcha nestas datas, como antesala dos festexos de fin de ano. Consiste nun obradoiro de reciclaxe de bicicletas infantís dotado dunha marcada intención solidaria. O Concello de Pontevedra ven de presentar un taller de reciclaxe de bicicletas infantís como antesala do tempo de Nadal: chámase Recicletas de Nadal e comezará a partires do vindeiro día 4 de novembro na Escola Taller de Monteporreiro. Este obradoiro persegue dar unha nova vida ás bicis que xa non se usan arranxándoas e tuneándoas para destinalas a novos usuarios. Neste taller persoas designadas desde os servicios sociais do Concello ou en situación de desemprego grave poderán aprender novas destrezas amañando bicis; ó tempo que a cidadanía dispón dun novo servicio: ben para dar un lavado de cara a este vehículo de dúas rodas; doalo para que o usen outros ou ben ir a mercar ó taller unha bici distinta á que pode atopar nas tendas. O custe do tuneo non irá máis aló do dos materiais, co fin de que ninguén se quede sen vehículo. Mesmo se baralla a opción que aqueles que menos teñen as poidan levar de balde. Razón pola cal se fai un chamamento á doazón de bicis que poden deixarse en Bicis Farto, na Avenida de Vigo ou na propia Escola Taller de Monteporreiro, os luns, mércores e venres en horario de mañá. Amais, o Consistorio pontevedrés quere aproveitar esta oportunidade para unir ós colectivos ciclistas: co gallo desta iniciativa propón aglutinar os colectivos das dúas rodas sen motor para realizar actividades en común. E é que os datos axudan: Pontevedra é a Cidade con maior número de tendas de bicicletas de toda a Comunidade; un sector puxante que se ve axudado polo crecente número de ciclistas afeccionados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/recicleta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/29/bicis_nadal_pontevedra_291013.mp4{/flowplayer}