O BNG da Pobra aposta por políticas sociais que freen a perda de poboación

A POBRA> O BNG da Pobra aposta por desenvolver políticas que promovan a fixación de poboación no municipio. Entre as principais liñas do seu programa, destaca a creación de vivendas sociais, a posta en marcha de medidas que favorezan alugueiros asequibles e unha política urbanística encamiñada a humanizar a vila.

Frear a perda de residentes a través de medidas que permitan a fixación de poboación. Este é dun dos principais retos do BNG da Pobra que aposta por unha política de vivenda con marcado carácter social.

Ademais de plans de rehabilitación  integral tanto no casco urbano como no rural propoñen unha serie de actuacións urbanísticas en diversos barrios así como a posta en marcha de actuacións encamiñadas a humanizar os espazos públicos para a  veciñanza.

Trátase de medidas e servizos, todos eles, encamiñadas a facer da Pobra un concello acolledor que evite a emigración da xuventude e favoreza o regreso dos que xa marcharon, ofrecéndolle a posibilidade para desenvolver o seu proxecto de vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí