O BNG ribeirense critica un novo malgasto dos fondos públicos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/bngribeiramalgasto2708141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/bngribeiramalgasto270814.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Acusan ó equipo de goberno por investir nestes momentos preto duns 20 mil euros nun monumento en homenaxe ó percebe, cando, segundo eles, existen outras prioridades. Despois de denunciar en máis dunha ocasión a mala xestión que está a realizar o actual executivo dos cartos públicos, poñendo coma exemplo os 14 mil euros destinados á realización dunha revista municipal, os membros do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira volven a cargar contra o equipo de goberno que preside Manuel Ruíz. Neste caso o branco das súas críticas son os preto de 20 mil euros que o concello pretende destinar á construcción dun monumento en homenaxe ó percebe. Un gasto que os nacionalistas consideran superfluo, máxime cando o goberno local acaba de gastar recentemente uns trece mil na construcción doutro monumento ás redeiras. Segundo os nacionalistas estes cartos poderíanse investir dunha forma máis eficiente, destinándoos á creación de políticas de emprego para combater as importantes cifras de paro a nivel local, fundamentalmente na xuventude, ou para á emerxencia social. Razón pola cal decidiron presentar unha iniciativa por rexistro para facerlla chegar ó equipo de goberno, para que mude a súas políticas económicas.