{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/hoteis600_041113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/hoteis_041113.mp4{/flowplayer} O GROVE> Vimos de coñecer os datos de ocupación hoteleira que nos deixou un dos puntos quentes do turismo no Salnés. En O Grove, aíunda que a maioría dos establecementos xa están pechados dende hai tempo, aqueles que permanecen abertos e que contan con servicios de balneario acolleron estes días a centos de visitantes. A falta de bo tempo, os balnearios e os spas son un gran reclamo. Algún hotel da Illa da Toxa rexistrou cheo abosluto durante esta ponte de Defuntos e o resto en torno ó 90%. Menos ocupación houbo en aqueles complexos que non contan con este tipo de servizos e tamén os do casco urbán. Os datos que nos deixa esta ponte son moi semellante a que soe haber noutros festivos. Con todo, González Benavides agarda que a ponte de decembro sexa mellor no que a ocupación hoteleira se refire. O 15 de novembro ábrese a veda da centola, que vivirá as súas xornadas de exhaltación na vila meca do 22 de novembro ó 8 de decembro, o que suporá outro atractivo.
Inicio crb