O executivo boirense aparta das súas funcións á asistenta social

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/irregularidadesservizossociaisboiro1702151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/irregularidadesservizossociaisboiro170215.mp4{/flowplayer} BOIRO> Ó parecer, esta empregada municipal cobraba pola prestación de servizos de asistencia domiciliaria de xeito paralelo ó concello. O concello decidiu expedientar e suspender de emprego e soldo a esta funcionaria municipal que leva preto dos vinte anos traballando no departamento municipal de Servizos Sociais ante as presuntas irregularidades cometidas no desempeño das súas funcións, a raíz dunha investigación iniciada xa en novembro pasado. Todo parece indicar que, valéndose do seu posto, prestaba servizos asistenciais de xeito paralelo, cobrando por eles e sen dar conta ó concello. A funcionaria poderíase enfrontar entre outros cargos a un presunto delito de estafa, falsidade en documento público e apropiación indebida. Ademais da correspondente actuación pola vía administrativa, apartándoa das súas funcións, o concello dará traslado á Fiscalía de toda a documentación recompilada, para que se inicie unha investigación. Polo de agora descoñécese a magnitude da presunta irregularidade cometida no departamento de Servizos Sociais. Aínda así dende o goberno local quixeron mandar unha mensaxe de tranquilidade ós veciños, instando ós posibles afectados a acudir ó concello para regularizar a súa situación. Lonxe da comprensible preocupación que o problema está a suscitar no concello, xa que se trata dunha persoa moi coñecida no municipio, dende o equipo de goberno consideran que o caso poida danar a imaxe do concello, proba diso foi a forma de actuar unha vez coñecidas as presuntas irregularidades