As obras da ponte de Barrantes estarán rematadas a comezos de 2014

    RIBADUMIA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou esta mañá o inicio das obras que está a executar Augas de Galicia na ponte sobre o río Armenteira, ubicada en Ribadumia, na estrada que une Barrantes con Vilariño. Cores Tourís estivo acompañado pola alcaldesa Salomé Peña. As obras, que acaban de comezar, poderían estar rematadas a comezos do próximo ano. O primeiro paso deste actuación foi demoler o firme que permitirá rehabilitar a ponte, aumentando a súa luz de 10 a 20 metros, colocando os estribos fóra do leito do río. A obra facilitará os desaugamentos e evitará que a ponte constitúa un obstáculo ao paso da auga nas crecidas dos ríos e que esta, á súa vez, a erosione. Tanto Cores Tourís como Salomé Peña, destacaron que se trata dunha importante obra que permitirá mellorar a comunicación entre as parroquias de Barrantes e Sisán. Para realizar esta actuación cóntase cun investimento de case 240.000 euros, que axudara ademais a continuar a senda peonil para enlazar co futuro paseo desde a ponte de Barrantes ata a desembocadura do río Umia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/ponte600_041113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/ponte_041113.mp4{/flowplayer}