Wert rectifica e garantiza as axudas para tódolos Erasmus neste curso

PONTEVEDRA> A polémica volve a sacudir á Educación. Desta volta o Ministerio anunciou a través do BOE que retiraba a axuda Erasmus a aqueles alumnos que non teñan a beca xeral. É dicir, que moitos estudiantes que estaban xa no estranxeiro, non recibirían a totalidade dos cartos prometidos antes do inicio do curso. Antes a chuvia de críticas, hai escasa horas o ministro José Ignacio Wert ven de decidir que non se aplicará ese recorte. O ministro de Educación, logo de manter unha xuntanza co presidente do goberno Mariano Rajoy, anunciou que tódolos alumnos que teñen bolsa Erasmus este curso finalmente si van recibir esas axudas previstas. Económicamente, na Beca Erasmus hai tres aportacións: a da Comisión Europea, uns 115 euros mensuais, a axuda da Xunta duns 210 euros trimestrais e os 150 euros mensuais do Ministerio de Educación. É esta última parte a que se quería retirar a aqueles estudiantes que non contansen cunha beca xeral e mantela para os que si dispuxeran dela, aqueles coas rentas máis baixas. Unha medida que ía afectar ó 70% dos 1.500 Erasmus galegos. O que queda no aire é a aplicación da norma para o vindeiro curso, 2014-2015, algo que podería provocar un descenso nas solicitudes destas becas. A presión tanto do sector docente, como estudiantado e oposición influíu na decisión de dar marcha atrás a esta medida. Tamén a da Comisión Europea que exixira horas antes unha rectificación do goberno español e o pago das axudas prometidas ós alumnos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/erasmus600_051113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/erasmus_051113.mp4{/flowplayer}