PONTEVEDRA> Desirée Vila será a madriña da Gran Recollida do Banco de Alimentos 2026 na provincia de Pontevedra. A paratleta anima á cidadanía a facerse voluntaria desta iniciativa, que se vai celebrar os días 13 e 14 deste mes de novembro. Nestes momentos aínda quedan por cubrir 400 postos en toda a provincia co obxectivo de superar os 325.000 quilos que se lograron o ano pasado.
O Banco de Alimentos xa ten madriña para a súa Gran Recollida 2026: a paratleta viguesa Desirée Vila.
Chamamento da viguesa para a iniciativa solidaria dos días 13 e 14 de novembro. Para esas xornadas de recollida de alimentos o Banco necesita en toda a provincia 2.700 voluntarios. A día de hoxe quedan aínda 400 prazas por cubrir. Bota man da súa experiencia persoal, cando lle amputaron unha perna por culpa dunha lesión, para destacar a importancia dos xestos solidarios.
Dende o Banco de Alimentos de Pontevedra agradecen a colaboración de Desirée, confiando en superar os 325.000 quilos de alimentos recollidos o ano pasado.
Desirée Vila colle o testemuño de Pepe Solla, padriño na edición anterior da Gran Recollida.











