Novas propostas culturais para a fin de semana

RIANXO> A área de Cultura ten preparado unha dobre sesión para a estrea do novo espectáculo de Airiños: ‘O cabaré dos 80’. Os afeccionados ó mundo do teatro están de noraboa. Esta vindeira fin de semana, venres e sábado, o grupo de Teatro Airiños de Asados estreará a súa última montaxe ‘O cabaré dos 80’. Baixo a dirección de Esther Carrodeguas, a compañía, a máis antiga aínda en activo de Galicia, que cumpre ademais este ano o seu 80 aniversario, presentará un proxecto especial, levando á escea as súas propias historias. Esta non será a única proposta cultural desta fin de semana en Rianxo. O sábado, ás doce e media, no auditorio terá lugar tamén a inauguración da exposición fotográfica ‘Ruando Rianxo’. Unha recompilación de 53 fotografías en branco e negro e cor que sirve de homenaxe a moitos veciños da localidade que forman parte da historia da vila. Un dos autores da exposición, Xoán Antón Castro explícanos as orixes desta montaxe. A mostra, que permanecerá no auditorio rianxeiro ata o vindeiro seis de decembro, nace coa idea de ter continuidade no futuro, con novos personaxes e contidos, que axuden a completar a historia central da vila. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/actividadesculturaisrianxo051113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/actividadesculturaisrianxo051113.mp4{/flowplayer}