O concello anuncia máis redutores de velocidade para Cerponzóns

Pontevedra> Trala manifestación dos veciños, do rural pontevedrés, o pasado sábado contra os lombos, o Goberno Local ven de anunciar a implantación destes redutores no núcleo de Cerponzóns. O voceiro do Goberno Local ten claro que Pontevedra seguirá apostando polo seu modelo de cidade no centro e no rural. Di o refrán se non queres caldo toma sete cunca… pois así é. Trala manifestación do pasado sábado contra os lombos, o Goberno Local ven de anunciar a implantación destes redutores de velocidade no núcleo de Cerponzóns. Raimundo González ten claro polo modelo de cidade que aposta Pontevedra, un modelo que se leva a cabo no centro e no rural, e non será o PP o que bote atrás tantos anos de traballo. Unha Xunta de Goberno Local que adxudicou obras e suministracións por unha cifra superior ao millón 400 mil euros. Onde se adquiriu un furgón para atestados destinado á Policía Local, a dotación de subministración de auga dos areais de Mourente, a contrución do campo de herba sintética en Cerponzóns, a elaboración dun traballo cartográfico do municipio e o acceso á avenida das Camelias. En relación aos veciños de Médico Ballina, que reclaman a construción dun parque infantil, González lembrou que se trata dun compromiso do grupo de Goberno no que están xa traballando os técnicos do concello.