Arousa Norte fai balance dos seus programas de formación

    BARBANZA> Nestes últimos tres anos, as distintas accións realizadas supuxeron un investimento total de máis de 182 mil euros e nelas participaron unhas 350 persoas.

    A Mancomunidade Arousa Norte presentou os proxectos de emprego e de promoción do cooperativismo realizados nos últimos tres anos, grazas ás axudas recibidas por parte de dúas administracións, a Deputación da Coruña e a Consellería de Traballo. Axudas que supuxeron un investimento supeiro ós 182 mil euros e que posibilitaron a participación dunhas 350 persoas en distintas accións e proxectos de inserción laboral e de promoción do emprendemento. Unha liña de traballo iniciada polo ente supramunicipal nos últimos anos, a carón da outra vertente na que traballa Arousa Norte como é a promoción turística da zona. Ó acto asistiron tamén o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o director xeral de Traballo, Odilo Martiñá. Os dous destacaron a boa xestión realizada por Arousa Norte dos recursos que obtiveron tanto da administración provincial coma a autonómica, encamiñándoo os esforzos a dar resposta a unha das principais necesidades da comarca do barbanza como é a falla de emprego. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/arousanorteprogramascooperativismo141113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/arousanorteprogramascooperativismo141113.mp4{/flowplayer}