A Xunta dá luz verde á declaración de impacto ambiental da EDAR de Ribeira

    edarribeiradog100.jpgRIBEIRA> O Diario Oficial de Galicia publica a declaración de impacto ambiental da depuradora de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/edarribeiradog.flv{/flowplayer}

    Novo paso adiante no proceso de tramitación da tan agardada estación depuradora de Ribeira. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicaba no Diario Oficial de Galicia a declaración de impacto ambiental.

    A aprobación deste informa dá o visto para a redacción do anteproxecto e establece os condicionantes para que a obra e a explotación da futura instalación produza o menor impacto posible no contorno e hábitat natural da zona.

    Plan de saneamento

    A EDAR emprazarase no lugar de Couso; o proxecto enmárcase no Plan de saneamento local da Ría de Arousa. Tras realizar un estudo sobre o actual sistema de saneamento de Ribeira, a Xunta estableceu como prioritaria a construción dunha depuradora antes do 2015.

    Así, unha vez rematado o anteproxecto, documento que Augas de Galicia agarda rematar antes de que remate o ano, a obra da depuradora poderíase licitar en 2013.

    Ademais da EDAR, Medio Ambiente xa ten desenvolvido importantes actuación para a mellora do saneamento no municipio. Entre elas, a reparación do emisario do Touro e a execución da rede de colectores e depuradora de Corrubedo, ámbalas dúas en fase de execución.

    Redacción Barbanza